sábado, 16 de marzo de 2013

A Xunta mellora o proxecto do tramo Soutullo - A Lanzada, na PO-308

15.03.2013

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, trasladou esta mañá á alcaldesa de Sanxenxo, ...
Catalina González, e a representantes da plataforma de afectados pola PO-308, que a Xunta vén de mellorar o proxecto de seguridade viaria do tramo Soutollo- A Lanzada, na PO-308, con máis prazas de aparcamento, un novo cambio de sentido e unha glorieta á altura da praia de Pragueira.
Ethel Vázquez engadiu que estas melloras foron demandas por empresarios, comerciantes, hostaleiros, e cidadáns, e foron atendidas co fin de garantir a funcionalidade do proxecto aumentar de seguridade viaria na estrada PO-308, entre Portonovo e A Lanzada.
Asemade, a execución da obras en tres fases distintas, e non de xeito simultáneo nos case 9 quilómetros, permite reducir as molestias aos tráfico e aos distintos negocios e usuarios, que se verán afectados por unhas obras cunha menor duración temporal.
A Xunta prioriza a execución do tramo entre Soutullo e a glorieta da Lanzada por ser o treito cunha maior intensidade de tráfico peonil e o que é máis preciso reordenar.

Soutullo- A Lanzada
Ethel Vázquez informoulles de que a previsión do seu departamento é licitar a obra da primeira fase, Soutullo- A Lanzada en 2014, unha vez superados os trámites pendentes. Neste tramo, comprendido entre os puntos quilométricos 25+200 e 27+970, atendéronse boa parte das melloras solicitadas dende diversos colectivos.
Destacou a dotación dun maior número de prazas de aparcamento na praia da Lanzada, en forma de batería fronte ao areal,un paseo peonil e a transformación dunha vía de servizo para o acceso aos hoteis en beirarrúa con aparcamento en batería. Entre os trámites pendentes está a autorización por parte de Costas, así como a plena disposición dos terreos.
Outra das melloras é a inclusión dun novo punto para o cambio de sentido ao final da praia da Lanzada en sentido Portonovo; e execución de glorieta no PK 25+260 (no acceso á praia de Pragueira) no lugar do cambio de sentido previsto anteriormente.

NOTA: Recomendamos leer la prensa escrita porque no aparece todo el contenido en internet.